miércoles, 15 de noviembre de 2017

O MAGOSTO



A semana pasada celebramos, como todos os anos, O MAGOSTO.
Despois de traballar nas nosas aulas os froitos do outono, entre eles, por suposto, a CASTAÑA, por fin puideron degustalas, nun día fermoso en compañía de todo o alumnado e profesorado do cole.
Algúns profes asaron as castañas que despois, repartimos entre os nenos  meténdoas nas bolsitas que fixemos e adornamos na clase para este motivo.
Tras comelas no patio, bailamos e xogamos todos xuntos. Que ben o pasamos!!







No hay comentarios:

Publicar un comentario