miércoles, 28 de febrero de 2018

Proxecto dos bichos da horta (excursión. 3 anos B)

Para finalizar o noso proxecto sobre os bichos da horta, fumos de excursión á horta do cole en busca deles. 
Atopamos arañas, caracois, formigas, mosquitos e abellas. 















No camiño de volta a clase pasamos polas pizarras novas instaladas nas fontes, e decidimos estrealas debuxando os bichos vistos na horta.










E por último, xa  na nosa aula, fixemos as nosas xoaniñas 🐞🐞🐞🐞










Proxecto dos Bichos da Horta (Excursión)

Estivemos de excursión polo cole, concretamente na horta, fumos a buscar bichiños e atopamos un montón. 






Atopamos unhas arañas, un caracol, un escaravello e unha babosa.






Logo unha bolboreta...









E tamén unha lagartixa...






E para rematar a descender facendo a croquetilla...














miércoles, 21 de febrero de 2018

lunes, 19 de febrero de 2018

Aniversario de Elsa!!!

Hoxe felicitamos tod@s a Elsa que estaba de aniversario, catro fermosos aniños. Parabens Elsa!!!


jueves, 8 de febrero de 2018

Proxecto Bichos da horta (bolboretas)

A profe María de catro anos e os seus alumnos tiveron a ben vir a nosa aula a explicarnos os seus disfraces que son as bolboretas, contáronnos un montón de cousas superinteresantes e fixemos baile e todo. Moitas grazas compas e profe.








E rematamos mirando un vídeo sobre a migración das mariposas monarca e a súa metamorfose.



Proxecto Bichos da horta ( arañas)

Dúas alumnas da clase da profe Pilar antes de lernos un conto explicáronnos o seu disfraz, as arañas, como viven, como se alimentan, número de patas...

O conto encantonunos fixéronno xenial, unhas maiores. Grazas chicas e profe Pilar.


Proxecto da Horta (vermes)

Outro día estivémonos informándonos sobre os vermes e quen mellor que as profes Tere e Juani para esto xa que os nenos e nenas da súa clase van disfrazados no entroido destes.
Pasámolo xenial, ata nos cantaron e aprendéronnos unha canción das xoaniñas.








Moitas grazas profes e compas.


Para rematar este día tan guachi marchamos á cociña a facer un verme de pan con xamón e queixo e logo "A COMERRRRR"












Proxecto Bichos da horta (avelaíñas)

A clase dos ne@s de 4° de primaria da profe Criselda veu tamén a visitarnos e comentáronnos que o seu disfraz era de avelaíñas ou cabaliños do demo. Contáronnos un montón de cousas moi interesantes...





  E tamèn deixáronnos información


Logo convertímonos en ninfas para subir por unha árbore e lograr desprendernos do exoesquelete e convertirnos en avelaíñas. Foi unha fermosa metamorfose.









Moitas grazas profe e chicos e chicas.







Proxecto os Bichos da horta (xoaniñas)

A continuación traballamos o noso disfraz, as xoaniñas, das que aprendimos moitas cousas e non paramos de repetirllas aos que viñeron a vernos esta semana ás nosas aulas...


Destas seguiremos poñendo cousas que aínda nos quedan cousas por facer.

Proxecto dos "Bichos da horta" (Abellas)

Aproveitando que no cole estamos vos disfraces do entroido estamos traballando na aula dos que van ir cada nivel: vermes, bolboretas, ratos...

Imos coñecendo pouco a pouco cada un deles e temos a os maiores de cada curso para explicarnos o que aprendieron sobre os seus.

Os primeiros que traballamos foron as a ellas, a profe Nair nos ley un conto precioso co que poder informarnos; partes do corpo, que convivían cos dinosaurios, a colmena...










O que aprendimos...



Os nosos traballiños..







Aproveitando que o Meco deste ano é a velutina paramos ao vir de ximnasia para vela de cerca, pasaba por alí a profe Maryan e trouxónos unha comea delas, tamén contamos coa axuda de Lucas que nos explicou o que sabe das abellas xa que a súa clase van disfrazadas delas.






Entroido nas clases dos repolos

Visita dos peliqueiros para informarnos do que temos que traer...


 LUNS: Poñemos sombreiro e beizos vermellos.



MARTES: Zapato de cada cor.

Fixemos un desfile no que tiñan que diferenciar zapatos, botas e tenis e as cores destes.






MÉRCORES: Pixama.

Entrounos o sono e botámonos a durmir...





XOVES: disfraz libre






















sábado, 3 de febrero de 2018

De novo cos padriños e madriñas

Este venres estiveron os nosos padriños e madriñas na clase. Un compa de 5° explicounos o que era un bonsai. 
Por mor do proxecto "Bichos da horta" que estamos a realizar pedímoslle que nos explicaran de que van ir el@s disfrazad@s (coellos) e tamén nos leu a profe Maryan un conto sobre estos "O Coelliño blanco". 
E nós como non podía ser menos explicámoslles todo o que sabemos das xoaniñas e tamén límoslle un conto sobre estas.














Despedímonos cunhas apertas



E ata recibimos agasallos... Que ben se portan conosco estas madriñas e padriños!!!!