jueves, 30 de noviembre de 2017

A casiña de Hansel e Grettel (III)

Logo do recreo viñeron a visitarnos os nosos padrinos e madriñas e contámoslle o conto, saíunos xenial. El@s tamén nos contaron a nós, traíanos elexidos ex profeso para cada un de nós, que sorte temos!!! 




Hoxe pasámolo moi ben compartindo o día as dúas clases xuntas e para rematar preparamos esto para mañá... seguirémosvos contando mamás e papás. Ata mañá!!!








A casiña de Hansel e Grettel (II)

Logo no comedor... Fixemos o noso pegamento comestible...

Pegamos as chuches...

E chegou o mellor momento...


Adiviñastes! O de comer!!!
Que riquísimaaa nos quedou a casiña😆🍫🍫🍫🍬🍭🍭🍭

miércoles, 29 de noviembre de 2017

A casiña de Hansel e Grettel (I)

Hoxe vivimos un montón de aventuras pero antes gustaríanos contarvos que precedeu a este día. A semana pasada traballamos cun puzzle que tiñamos do conto de Hansel e Grettel, primeiro fixemos o puzzle e logo pasamos a construir a nosa propia casa, convertímonos nuns auténticos arquitect@s e logo debuxamos lacasitos na boca dun neno famento...









Volviendo al día de hoxe primeiro estivemos en informática facendo entre outros xogos o do número 1. Mirade, mirade...









Logo na mesma aula de informática lemos con pictogramas A casiña de chocolate entre todos!!!!




E dispuxémonos a baixar ao comedor a preparar a nosa propia casiña de chuches!!!!




Primeira excursión

Aquí tedes as fotos da excursión a Indiana Bill. Pasárono xenial.


Aniversario de Antón

Hoxe foi o aniversario de Antón.
 Parabéns cumpleañero!!!!



Traballo sobre o corpo

Estes días estivemos a traballar sobre o corpo, aquí tedes algúns exemplos do que fixemos.

miércoles, 22 de noviembre de 2017

Practicando coas letras

Aquí podedes ver como est@s peques repasan as letras coas plantillas, usar os rotus encántalles.


jueves, 16 de noviembre de 2017

Primeiros días (II)

Seguimos...

Un dos nosos primeiros libros foi "Pequeno azul e pequeno amarelo". Aquí está a contárnolo Lucía



Tivemos unha visita especial dunha antiga amiga da gardería mentres xogabamos coas cores de pequeno azul e pequeno amarelo á plastilina. Un bico grande Álex!!







Comezamos co círculo, e o expresamos de varias materias,  ademais de elaborar os muráis co  material que troxero os nenos e nenas da casa. Grazas pola vosa colaboración.  Neste caso, logo de facer un sol  (círculo) no folio o elaboramos co material Montessori.

E tamèn con plastilina




Comezamos a recoñecer e a traballar co número 1, tanto en fichas, como manipulativamente e cun mural.



A nosa primeira visita á biblioteca, onde coñecimos a Robiño, pasámolo xenial e deixounos levar libros para a casa.

A profe Isabel trouxo caracois para que puidésemos coidalos e coñecer de cerca uns animais que comezan a sair no outono. Ata nos diu para facer carreiras con eles. Que ben o pasamos. Grazas profe!



Primeiros xogos na aula 










PRIMEIROS DÍAS (I)

Ola a tod@s de novo, nesta primeira entrada recóllense as fotografías dos primeiros días de clase.







Merendamos todos fóra


Recollimos follas do outono e castañas


Fichemos unha árbore do outono e logo puxémoslle as folliñas







Clase de informática

Hoxe levamos ós nenos a aula de informática. Presentámoslles o ordenador e a través dun xogo foron familiarizándose con él e aprendendo a mover o rato.
A partires de agora, como xa vos comentamos, teremos informática os xoves a primeira hora.