jueves, 28 de diciembre de 2017

Último día

Para este día tiñamos un montón de actividades divertidas previstas, a visita dos elfos de Papá Noel, merendola e logo teatro. Foi un colofón xenial, moi divertido. 











FELICES FESTAS!!!

Lectura e ballet de "O crebanoces"

Coa chegada do Nadal fixemos a lectura de O crebanoces, a peza que compuxo Chaikovski, gustoulles tanto que acabamos bailando un dos movementos, a famosa Danza das flores. 









Visita do Carteiro Real e os elfos de Papá Noel

No cole tivemos a sorte de recibir varias visitas nestes días previos ao Nadal,  gustarónos moito, estivemos moi emocionad@s.

                    Visita do carteiro real













Carta a Papá Noel

Estivemos na oficina de correos para enviarlle a nosa cartiña a Papá Noel, pasámolo xenial, foi unha miniexcursión moi divertida, metimos a carta no buzón,  cantamos unhas panxoliñas e ata atopamos cun carteiro moi simpático que nos atendeu moi amablemente.









Traballos de Nadal

Estas últimas semanas estivemos traballando moito, tanto en actividades relacionadas con Nadal como co proxecto do libro "Unha eiruga moi larpeira", aí van as imaxes...






lunes, 18 de diciembre de 2017

ANIVERSARIOS MANU E DIEGO

A semana pasada Manu e Diego cumpliron 3 anos!!! Para celebralo trouxeron un biscoito que compartiron con todos.

                                                    MOITAS FELICIDADES MANU!     





                                                      MOITAS FELICIDADES DIEGO!






viernes, 1 de diciembre de 2017

Baixo o mesmo paraugas

Hoxe saimos ao patio para facer visible que todos somos iguais, co lema "baixo o mesmo paraugas" queremos desde o cole conmemorar o día 3 de decembro, día internacional da discapacidade.











                     

Comezamos decembro

Hoxe tivemos varias sorpresas pola mañá na aula, a primeira foi un calendario de advento que inauguramos cada encargad@ na súa aula por ser o primeiro día de decembro.










Logo recibimos un sorpresón, a nosa casilla prometida.